jueves, 9 de junio de 2016
CROWDMAP
Cartografía colaborativa de representación das diferentes realidades do hábitat próximo ao alumnado de 4º da ESO do IES GREGORIO FERNANDEZ DE SARRIA.
martes, 7 de junio de 2016
Viaxe ás Médulas organizado polos departamentos de Clásicas, Lengua Castellana e Tecnoloxía
O romano foi un pobo de grandes enxeñeiros que perfeccionou as tecnoloxías doutros pobos, principalmente dos gregos. Porén, o avance da técnica tamén leva aparellado as veces a destrución de ecosistemas. As Médulas é un deses exemplos de “destrución masiva” do habitat e a formación a partir de entón dun habitat totalmente distinto.
A nosa primeira parada foi no pobo de Carucedo onde visitamos o lago artificial que xurdiu a partir das desviacións fluviais creadas para a explotación dos recursos auríferos da zona, explotación que xa levaran a cabo os astures con métodos artesanais menos destrutivos.
Os romanos empregaban técnicas máis desenvolvidas e audaces, que consistían na escavación dunhas galerías subterráneas sen saída que, ó ser enchidas de auga, derrubábanse pola presión que se orixinaba. Este método coñecido como “ruína montium” foi o que ocasionou este relevo tan característico das Médulas.

Suscribirse a:
Entradas (Atom)